MONDOÑEDO LITERARIO

MONDOÑEDO LITERARIO

Editorial:
DEPUTACION DE LUGO DIPUTACIÓN DE LUGO
Año de edición:
Materia
LITERATURA Y ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-8192-509-8
Encuadernación:
paperback
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

8,00 €

Despues:

7,60 €
Comprar



Requeixo basea o peso literario de Mondoñedo no seminario e a tradición
O investigador mindoniense vén de recompilar textos nos que estuda e divulga 16 autores que están vencellados á súa cidade

Armando Requeixo non logra concretar o motivo polo que Mondoñedo deu tantos escritores. Sospeita que "o seminario, a casa do saber máis importante do norte de Lugo", puido influír en que "tanta afección literaria". Pero non desbota outros afluentes para tan cauladosa corrente de publicacións.

Suma outros factores como o cultivo de artes "como a música", que a cidade "estea situada nun lugar polo que pasaba moita xente que contaminou os que alí estaban", a súa estirpe como "sede histórica do antigo Reino de Galicia" ou que fose unha "capital con posibles que creou un excedente para que puidesen dedicarse a cousas máis elevadas" ou a paisaxe, que convida á reflexión".