FERNÁNDEZ, ELISEO ; PEREIRA, DIONISIO ; FERNÁNDEZ, ELISEO ; PEREIRA, DIONÍSIO
Resulta difícil ter unha visión real da situación e o
protagonismo das mulleres galegas na nosa historia
contemporánea. A consideración subalterna das
mulleres non casa, sen embargo, co protagonismo
asumido pola muller na nosa historia. O feito ten
pasado case desapercibido na historiografía galega
ate de agora, pero por iso non é menos relevante a
notoria presencia da muller no mundo do traballo
na Galiza contemporánea.
As especiais condicións nas que se desenvolvía
a muller traballadora non favorecían a súa
integración e participación co resto do obreirismo
organizado. Aínda así cumpre sinalar o feito de que
a participación da muller na conflitividade obreira
tomou as súas formas propias e levou os seus
ritmos, non sempre coincidentes cos dos homes,
nin tampouco por iso menos relevantes.
A represión padecida polas mulleres a conta do
seu compromiso social ficou agachada porque as
represalias específicas de xénero non foron recollidas,
debido ás súas características vinculadas á exclusión
social, nin polos xornais nin polos documentos de
arquivo; aínda máis, as mesmas vítimas ou as súas
familias as agacharon polo estigma de humillación e vergoña que levaron de seu.