MUROS UN MAR DE HISTORIA

MUROS UN MAR DE HISTORIA. MUROS DE SAN PEDRO A CORUÑA

Editorial:
2.0 EDICIONES
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-940851-2-3
Páginas:
230
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

16,00 €

Jose Manuel Bermúdez realiza unha aproximación ao pasado do concello de Muros a través dalgúns pasaxes da súa historia desde que se ten coñecemento do seu nacemento. Co apoio de fontes escritas e orais o autor recolle algúns dos episodios salientables da vila: os documentos de creación da vila, a contrución das súas fortalezas e murallas, os seus templos, as batallas e saqueos que se produciron na contorna e os personaxes que axudaron a situar a vila no mapa.
More Views

Muros. Un mar de historia


Muros é unha das vilas galegas cun pasado máis intenso e cun patrimonio máis rico. A historia da vila é a historia do mar. Desde a súa localización, a súa fisionomía e o carácter das súas xentes ata o seu imaxinario colectivo, ás referencias ao mar están case sempre presentes.

Jose Manuel Bermúdez realiza unha aproximación ao pasado do concello de Muros a través dalgúns pasaxes da súa historia desde que se ten coñecemento do seu nacemento. Co apoio de fontes escritas e orais o autor recolle algúns dos episodios salientables da vila: os documentos de creación da vila, a contrución das súas fortalezas e murallas, os seus templos, as batallas e saqueos que se produciron na contorna e os personaxes que axudaron a situar a vila no mapa.

A recuperación da memoria e do patrimonio colectivo de todos os muradáns é responsabilidade de todos: veciños, especialistas e institucións. Agardamos que esta obra sexa un bo inicio para a reconstrución da historia do concello.
page1image19168
José Manuel Bermúdez (Muros, 1957)

Escritor muradán, emigrante de moi novo para Arxentina, onde pasou a maior parte da xuventude, retorna a Muros no ano 1972 para logo volver marchar para Suíza, Nova York.

No seu retorno a Galicia traballou en diversos campos, desde o comer cio á formación, pasando pola construción, pero cualifícase a si mesmo de autodidacta, ademais de ser un grande afeccionado á historia e ao patrimonio.

Muros. Un mar de historia é o seu segundo libro despois de publicar a novela De la luz a las tinieblas (2012) e conta con obra ensaística, poética e narrativa aínda non publicada.