NACÍN NO CAMIÑO

NACÍN NO CAMIÑO

Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Año de edición:
ISBN:
979-13-88061-39-4
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

14,90 €

Unha simple noz cae nun camiño e convértese nunha enorme árbore co paso do tempo. A nogueira centenaria conta a súa vida, de infancia difícil, con zapatos, botas, zocas, sandalias e pés pisándoa acotío, e o seu afán por superar as adversidades. Mostra os descubrimentos do seu propio corpo, a adaptación ás mudas constantes do seu aspecto nas catro estacións do ano e a relación co medio. Na súa evolución transfórmase nun rico ecosistema dende a súa raíz ata a póla máis alta onde conviven diferentes paxaros, abellas, esquíos ou vermes. Unha historia divertida que transmite respecto pola natureza, contada cunha linguaxe sinxela rimada e tendo de fondo o Camiño de Santiago.