Namoreime en Ons
Staffan Mörling
O amor é un enigma. Non cruza o camiño de todos, pero aos que chegan a ser branco do seu frechazo resúltalles a experiencia máis persoal da vida. Coñecer os namoramentos doutros é interesante.
Namoreime en Ons é un relato de amor que se desenvolve na España dos anos 1960, época de crecente benestar económico e… dun estilo novo de música. Fala dun amor que, por romántico, fai o sentimento botar as raíces profundas que toda relación necesita para ser estable e duradeira.
Colección
Salitre
Materia
Narrativa
Idioma
Galego
EAN
9788482895086
ISBN
978-84-8289-508-6
Data publicación
30-07-2015
Páxinas
216
Ancho
14 cm
Alto
20,5 cm
Edición
Rústica con lapelas
Sobre Staffan Mörling
Herdou do seu avó materno un grande interese polos temas históricos e, da nai, unha notable sensibilidade cara aos idiomas. Mörling fixo a súa carreira académica na Universidade de Lund, na que se licenciou en Latín, Historia da Arte e Antropoloxía. Como antropólogo, documentou a...
Reseñas
Lin con curiosidade Namoreine en Ons (Edicións do Cumio, 2015), o libro máis recente de Staffan Mörling, o antropólogo sueco, grande especialista na dorna e na súa cultura. Novela autobiográfica ou autobiografía novelada, narra a súa chegada a illa de Ons na década de 1960 cunha bolsa para estudar as embarcacións tradicionais galegas. Xaora, a cerna do relato é a súa romántica historia de amor con Xoana, unha fermosa rapaza da illa, coa que casou e coa que vive en Bueu dende entón. A pesar dunha certa inxenuidade na utilización do punto de vista, o relato é interesante como retrato etnográfico da comunidade humana da illa de Ons hai cincuenta anos, dende a descrición das embarcacións (dorna, galeón e lancha xeiteira) e artes de pesca que entón utilizaban os mariñeiros, pasando pola da propia arquitectura até a recuperación das crenzas e lendas da cultura popular, hoxe desaparecidas, recuperadas pola memoria de Mörling. Unha entrañable testemuña etnográfica deste galego de orixe sueca.
— Brétemas Notas do traballo de edición e algunhas outras anotacións. Blog de Manuel Bragado Rodríguez. Vigo. Galicia