NARCOS

NARCOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
POLICIACA THRILLER
ISBN:
978-84-8302-629-8
Páginas:
352
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

23,50 €
Comprar

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.
Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco) e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez.
Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

Otros libros del autor

  • A SOIDADE DO ASASINO
    Titulo del libro
    A SOIDADE DO ASASINO
    REIGOSA, CARLOS G.
    A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza tea...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €

  • SEGREDOS DE BRETAÑA
    Titulo del libro
    SEGREDOS DE BRETAÑA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o que sucede...
    RECÍBELO EN 48H

    20,95 €

  • IRMÁN REI ARTUR
    Titulo del libro
    IRMÁN REI ARTUR
    REIGOSA, CARLOS G.
    Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións q...
    RECÍBELO EN 48H

    14,90 €

  • A AGONÍA DO LEÓN
    Titulo del libro
    A AGONÍA DO LEÓN
    REIGOSA, CARLOS G.
    O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xu...
    Descatalogado

    25,95 €

  • A VITORIA DO PERDEDOR
    Titulo del libro
    A VITORIA DO PERDEDOR
    REIGOSA, CARLOS G.
    Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita t...
    RECÍBELO EN 48H

    20,95 €