NIKLAS LUHMANN

NIKLAS LUHMANN

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-96893-72-6
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

3,15 €

Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os homes, non somos a sociedade. Esta idea choca coa intuición que temos da sociedade fóra da socioloxía, pois: non vivimos, nos repetimos até a saciedade, en tempos de homes civilizados e con dereitos Non vivimos acaso nunha sociedade democrática de homes civilizados, iguais en dereitos Luhmann non foi un tolo da ciencia ficción para o que viviriamos nun mundo de ciborgs. Luhmann foi un sociólogo alemán obsesionado en describir a complexidade social na que vivimos. Para el, as explicacións tradicionais (veteroeuropeas) ancoraban nunha filosofía obsoleta, con visións da realidade (ontoloxías) non suficientemente complexas. Luhmann constrúe a súa teoría porque a tradición, dinos, non describe a sociedade. A formulación tradicional é errónea: é necesario abandonar a ontoloxía da tradición e a súa metafísica. Non hai homes, hai sistemas. A complexidade social contemporánea non se analiza con descricións herdadas das soc