NINGUÉN

NINGUÉN

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-302-6
Páginas:
200
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

19,50 €

Sara, unha muller que está farta dos ruídos da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado polas voces dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase nunha cafetería cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por primeira vez na súa vida, de emprender unha pequena viaxe de vacacións para romper a rutina. Un escritor, que recibe correos dunha lista na que nunca se deu de alta, descobre a carga subversiva dos hoax, esas falsas cadeas que se envían a través do correo electrónico. Simultaneamente, diversos mails cruzan o ciberespazo deste libro singular.
Estas son algunhas das historias e personaxes do novo libro de Fran Alonso. Ninguén aborda os actuais xeitos de relación entre as persoas nas sociedades urbanas e o modo en que a cidade e a tecnoloxía inflúen para mudar os medios que empregamos para comunicarnos. O libro está centrado na convivencia entre os veciños dun edificio, pero tamén no uso da tecnoloxía como paradigma das formas de relación. Desde a presenza do teléfono móbil ata o contacto persoal a través das redes sociais, Ninguén explora esa nova condición que hoxe nos define aos cidadáns das comunidades contemporáneas, vencelladas, entre outras cousas, ao individualismo, á máquina, á soidade e ao ruído.

Otros libros del autor

  • CÁNCARA
    Titulo del libro
    CÁNCARA
    ALONSO, FRAN
    Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a...
    En stock

    17,95 €

  • VÉNDOCHE UN POEMA
    Titulo del libro
    VÉNDOCHE UN POEMA
    ALONSO, FRAN
    Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprende...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €

  • A REBELIÓN DA LECTURA
    Titulo del libro
    A REBELIÓN DA LECTURA
    ALONSO, FRAN
    Cuento poderoso e creativo que resalta a importancia dos libros como poderosos e transformadores. A través dunha nar...
    RECÍBELO EN 48H

    16,50 €

  • LA REBELIÓN DE LA LECTURA
    Titulo del libro
    LA REBELIÓN DE LA LECTURA
    ALONSO, FRAN
    Cuento poderoso y creativo que resalta la importancia de los libros como poderosos y transformadores. A través de un...
    RECÍBELO EN 48H

    16,50 €

  • A CURVA DA PANTASMA
    Titulo del libro
    A CURVA DA PANTASMA
    ALONSO, FRAN
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun conte...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €