NO TEMPO DE FOLLAS NOVAS

NO TEMPO DE FOLLAS NOVAS. NA VIAXE POLA LITERATURA UNIVERSAL

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-89323-97-1
Páginas:
282
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

18,50 €
Comprar

Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras/es nun libro coral. Nel leremos textos de autoras e autores contemporáneos de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca –como primeira obra escolmada– de Follas novas (1880).

Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, dende Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.



COLABORAN NESTA OBRA

Eduardo Álvarez escolle e comenta a Guy de Maupassant

Anxo Angueira escolle e comenta a Arthur Rimbaud

Celia Mª Armas García escolle e comenta a Marchesa Colombi

Xosé Luís Axeitos escolle e comenta a Alphonse Daudet

Teresa Barro escolle e comenta a Frances Harper

Carlos Callón escolle e comenta a Júlia Lopes de Almeida

Marica Campo escolle e comenta a Castelo Branco Verdaguer

Luís Cochón escolle e comenta a Christina Rossetti

Carme Fdez. Pérez-Sanjulián escolle e comenta a Eça de Queirós

Mª Pilar García Negro escolle e comenta a Clarín Pardo Bazán

Mª Jesús Lorenzo Modia escolle e comenta a George Eliot

Kathleen N. March escolle e comenta a Harriet Beecher Stowe

Carlos Negro escolle e comenta a Curros Enríquez

Pilar Pallarés escolle e comenta a Emily Dickinson

Andrés Pociña-Aurora López escollen e comentan a José Martí

Francisco Rodríguez escolle e comenta a Oscar Wilde

Elvira Sanz Gómez escolle e comenta a Henrik Ibsen

Xoán Ignacio Taibo escolle e comenta a Liev Tolstoi
O autor/a
O autor/a

María Pilar García Negro (Lugo, 1953) leva consagrada parte da súa vida profesional ao estudo da obra de Rosalía de Castro. É profesora da Universidade da Coruña e o seu anterior ensaio titulado Cantares gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (Alvarellos Editora, 2013), foi recoñecido co Premio da Edición de Galicia ao mellor libro de Non Ficción do ano 2013. Ensino, cultura, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional. Leva publicados catorce libros individuais e numerosos artigos e estudos en medios de comunicación e revistas especializadas. Outros volumes seus sobre a nosa grande escritora foron Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (2006) e O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010), XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco. (Fotografía da autora: Eduardo Castro Bal AELG).