NOITE DE VORACES SOMBRAS

NOITE DE VORACES SOMBRAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 14 AÑOS
ISBN:
978-84-8302-910-7
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

13,50 €
Comprar

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquedante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.
Noite de voraces sombras, a nova novela de Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. Ademais disto, Noite de voraces sombras aborda outras cuestións de non menor importancia: como a presencia permanente do misterio nas nosas vidas, encarnado na trama nunha extraña presencia fantasmal no cuarto da protagonista; e da ambigüidade como xeito de enfrontarse aos acontecementos, que obriga ao lector a dubidar entre se todo é real ou se todo é froito da subxectividade da protagonista.
Despois da publicación de Aire negro, unha novela de amor e terror que obtivo unha grande acollida do público e da crítica, foi " Premio Protagonista Jove " , outorgado polos lectores cataláns, e incluída nas Lista de Honra do IBBY e do White Ravens da Biblioteca de Munich, Agustín Fernández Paz ofrece, coa súa característica mestría narrativa, unha obra na que aborda a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala guerra civil e a amarga posguerra. Unha emocionante novela, onde os sentimentos ocupan un papel moi relevante, sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.

Otros libros del autor

  • A PRAIA DA ESPERANZA
    Titulo del libro
    A PRAIA DA ESPERANZA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a b...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • A CIDADE DOS DESEXOS
    Titulo del libro
    A CIDADE DOS DESEXOS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Un día, os nenos e nenas da cuadrilla baten cunha persoa enigmática, capaz de facer as cousas máis estrañas e fascin...
    RECÍBELO EN 72H

    11,95 €

  • UN MUNDO DE PALABRAS
    Titulo del libro
    UN MUNDO DE PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    " Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibi...
    Disponible en 5 días

    19,95 €

  • EL SECRETO DE ISLA NEGRA
    Titulo del libro
    EL SECRETO DE ISLA NEGRA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Dos intrépidas niñas son las protagonistas de los relatos que forman este volumen. En el primero conoceremos a Sara,...
    RECÍBELO EN 72H

    9,95 €

  • O SOÑO DO MERLO BRANCO
    Titulo del libro
    O SOÑO DO MERLO BRANCO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Bulebule qued...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €