NON HAI NOITE TAN LONGA

NON HAI NOITE TAN LONGA. PAI INXUSTAMENTE ACUSADO DELITO FOI

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-252-4
Páginas:
272
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,95 €
Comprar

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre.
En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.

Otros libros del autor

  • A PRAIA DA ESPERANZA
    Titulo del libro
    A PRAIA DA ESPERANZA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a b...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • A CIDADE DOS DESEXOS
    Titulo del libro
    A CIDADE DOS DESEXOS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Un día, os nenos e nenas da cuadrilla baten cunha persoa enigmática, capaz de facer as cousas máis estrañas e fascin...
    RECÍBELO EN 72H

    11,95 €

  • UN MUNDO DE PALABRAS
    Titulo del libro
    UN MUNDO DE PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    " Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibi...
    Disponible en 5 días

    19,95 €

  • EL SECRETO DE ISLA NEGRA
    Titulo del libro
    EL SECRETO DE ISLA NEGRA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Dos intrépidas niñas son las protagonistas de los relatos que forman este volumen. En el primero conoceremos a Sara,...
    RECÍBELO EN 72H

    9,95 €

  • O SOÑO DO MERLO BRANCO
    Titulo del libro
    O SOÑO DO MERLO BRANCO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Bulebule qued...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €