NORTEÁNS

NORTEÁNS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 14 AÑOS
ISBN:
978-84-9121-069-6
Páginas:
536
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,95 €

Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos que se identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da gorxa. Serán capaces de ceibarse do xugo dos norteáns? O torque sagrado marcará o camiño da súa vitoria?
Novela prehistórica, Norteáns reconstrúe con detalle a sociedade castrexa, a súa organización social, política, militar e familiar; os usos e costumes cotiáns e a relixiosidade da cultura prerromana que poboou Galicia e o norte de Portugal no século I antes de Cristo. Norteáns é, tamén, o retrato dunha sociedade onde había idealistas e opresores, onde reinaba decote o amor e a amizade, mais tamén a cobiza e a vilanía. Un relato engaiolante protagonizado por homes e mulleres capaces de sacrificarse por unha causa xusta ou de traizoarse loitando polo poder, como sucede no noso tempo.

Otros libros del autor

  • RIMALETRAS
    Titulo del libro
    RIMALETRAS
    GUERRA, MAR
    As letras aprendémolas e elas apréndennos cousas a nós. Serven para entender o mundo, para nomealo e para darlle cor...
    RECÍBELO EN 72H

    19,10 €

  • XENARO E A NEGRA SOMBRA
    Titulo del libro
    XENARO E A NEGRA SOMBRA
    GUERRA, MAR
    Esta é outra historia de Xenaro. Xenaro cun xe de xeo, xeado e xearento, é un e enfadado... Abúrrese de vacacións e ...
    Disponible en 5 días

    14,50 €

  • SEÑOR MECO
    Titulo del libro
    SEÑOR MECO
    GUERRA, MAR
    Manu é un pouquiñicho liorteiro, algo descoidado e lacazán. Xan, o seu irmán xemelgo, que naceu sete minutos antes ...
    Disponible en 5 días

    13,50 €

  • XENARO E A HUCHA DO INDIANO
    Titulo del libro
    XENARO E A HUCHA DO INDIANO
    GUERRA, MAR
    A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lour...
    Disponible en 5 días

    14,50 €

  • XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE
    Titulo del libro
    XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE
    GUERRA, MAR
    A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador,...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €