NOVELINO     NOVELLINO (TITULO ORIXINAL)

NOVELINO NOVELLINO (TITULO ORIXINAL). TR. E NOTAS DE MOISES BARCIA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-936101-6-6
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

14,02 €
Comprar

Tradución do italiano medieval e notas de Moisés Barcia

Toda obra artística é filla do seu tempo, e no caso concreto da época medieval, os textos literarios tiñan que cumprir coa dualidade horaciana de ensinar e divertir conxuntamente. O Novelino como obra literaria medieval responde ben a estas premisas, pois buscaba entreter e divertir, pero sen esquecer a súa faceta didáctica. Non se trataba dun didactismo moralista ou relixioso, senón laico e pragmático. Respondía deste xeito a obra ás expectativas da sociedade toscana comunal, onde a nova clase emerxente, a burguesía precisaba dunha literatura en vulgar, axeitada á súa visión do mundo, fundamentalmente laica e vitalista, e que, ó mesmo tempo que motivo de diversión e de entretemento, ofrecese pautas de comportamento e modelos de conduta. Estamos ante unha das primeiras obras en prosa elaboradas nun vulgar italiano, concretamente florentino, escrita a finais do século XIII, presumiblemente entre 1281 e 1300. Do seu autor ou autores nada sabemos que non sexa o deducido a través da propia obra, é dicir, unha posible filiación burguesa e unha presumible orixe florentina. Con esta obra inaugúrase na literatura italiana un novo xénero narrativo, o conto profano, unha narración breve, modelada segundo o ideal retórico da brevitas, e que parte dun modelo xa preexistente como era o do exemplum, pero desvinculado da súa compoñente moralizante, e cun obxectivo principalmente lúdico, aínda que tamén é importante a compoñente didáctica cunha orientación utilitarista. O conxunto dos contos presenta como denominador común a súa brevidade e o seu estilo lineal. Entre os protagonistas dos contos podemos atopar heroes do mito ou da historia antiga (Hércules, Rei Arturo, Sócrates), cabaleiros das sagas medievais (Lanzarote, Meliadús, Tristán, Merlín), reis bíblicos (David e Salomón, e ata o mesmo Deus) e históricos (Alexandre Magno, Traxano, Federico ii), ó lado de individuos medios, historicamente ben caracterizados e en absoluto idealizados, como o mestre Taddeo de Boloña, ou o florentino Migliore delli Abati. Por último, unha morea das persoas máis representativas dos estamentos máis populares e activos da vida cotiá florentina: xograres, xente da vila, mercadores, frades e confesores, mozos aprendices, etc., enchen as derradeiras páxinas do Novelino. A súa laica exaltación do enxeño humano e do valor da intelixencia, o seu humor e o seu pragmatismo proporcionan unha lectura irónica e divertida.

Otros libros del autor

  • EL LAZARILLO DE TORMES (EDICIÓN ADAPTADA PARA JÓVENES)
    Titulo del libro
    EL LAZARILLO DE TORMES (EDICIÓN ADAPTADA PARA JÓVENES)
    ANÓNIMO
    El clásico de siempre en una edición preciosa y adaptada para los lectores más jóvenes. Lázaro es un niño humilde qu...
    En stock

    11,95 €

  • SAN BARTOLO
    Titulo del libro
    SAN BARTOLO
    ANÓNIMO
    «TONTOS DEL CULO QUE SE EMBORRACHAN EN VERANO» El quinto libro del «Catálogo a ciegas» es una novela rural que nos ...
    En stock

    21,90 €

  • BHAGAVAD GITA
    Titulo del libro
    BHAGAVAD GITA
    ANÓNIMO
    Te encuentras en el campo de batalla interior. Dudas, temes, te paraliza elegir. El Bhagavad Gita te habla desde ese...
    En stock

    8,50 €

  • O LIBRO DOS MONSTROS
    Titulo del libro
    O LIBRO DOS MONSTROS
    ANÓNIMO
    Cando o mundo aínda non era unha esfera diáfana, entre as súas sombras agochábanse marabillas e abominacións. A imax...
    En stock

    19,95 €

  • FRIDA KHALO -CUADERNO
    Titulo del libro
    FRIDA KHALO -CUADERNO
    ANONIMO
    * Una combinación de la fuerza visual de Frida Kahlo con un diseño práctico y elegante. * La portada, inspirada en l...
    RECÍBELO EN 48H

    14,00 €