NUEVA TECNICA DE DIRECCION DE ORQUESTA,CORO Y BANDA

NUEVA TECNICA DE DIRECCION DE ORQUESTA,CORO Y BANDA. MÚSICA

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-89232-14-3
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

27,00 €

O mundo da música precisaba dun moderno tratado en español sobre a técnica de dirección de orquestras, coros e bandas. A Nueva técnica de dirección de orquesta, coro y banda do mestre Navarro Lara é un manual sinxelo, ameno, fondamente didáctico, que será de gran utilidade tanto para profesionais como afeccionados. Un instrumento moi axeitado para todos aqueles que tenten poñer un marcha un grupo vocal ou intrumental, dende grandes agrupacións ata grupos máis modestos organizados en cidades cidades, vilas, parroquias ou centros de traballo. Nesta Nueva técnica de dirección Navarro Lara aplica os seus fondos coñecementos e tradúceos a linguaxe popular. Acompaña as súas leccións con sinxelos gráficos de gran axuda e repasa, nos 18 capítulos que integran a obra, dende a preparación física e mental do futuro director, até o uso da batuta, os compases, a dinámica, cómo dirixir o tempo e as súas alteracións, a música contemporánea, o fraseo, a técnica abstracta, a respiración, e mesmo aporta un interesante apartado de consellos prácticos.
O autor/a
O autor/a

O mestre cordobés Francisco Navarro Lara posúe un brillante currículo como director de orquestra en España, Austria, Italia, Dinamarca, Ucraíña ou Xapón. De formación autodidacta, dirixiu a algúns dos mellores solistas do mundo (José Carreras, Montserrat Caballé, Victoria de los Ángeles ou Pedro Lavirgen). Como compositor creou un grande número de obras para voz e instrumento solista, para coro, orquestra e outras agrupacións instrumentais e vocais.