O ABC DA IMAXE VISUAL

O ABC DA IMAXE VISUAL

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
MATEMATICAS Y CIENCIA
ISBN:
978-84-87674-89-1
Páginas:
64
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

6,36 €

Este libro expón un enfoque práctico da imaxe visual no que as explicacións sinxelas e os exemplos gráficos constitúen a súa base. O que se pretende é dotar ao lector e lectora non expertos das ferramentas necesarias para moverse axilmente nesta sintaxe da imaxe.



Tras definir o concepto de imaxe faise unha clasificación atendendo ao grao de fidelidade con que mostran a realidade.



Proporciona así mesmo ao non iniciado os elementos que forman un verdadeiro alfabeto da imaxe, que poderá utilizar, tanto para a análise como para a creación de expresións gráficas. Estes elementos por si sós carecen da plenitude expresiva, que só logra cos principios de composición que tamén se inclúen de forma resumida. Con estes elementos xa é posíbel entender e crear imaxes, que, recreando a natureza ou a outras imaxes, trasmitan a nosa mensaxe.



Por todo isto, recoméndase o manual ás persoas que se inicien no estudo de calquera das actividades relacionadas co mundo da imaxe, como por exemplo: a fotografía, o deseño, a pintura, a arquitectura ou o cine. Así como tamén para todos aqueles que desexen gozar dunha lectura máis completa da extensa produción visual que nos rodea hoxe en día.