O ANO DA LEBRE

O ANO DA LEBRE

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-17388-06-5
Páginas:
194
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

17,00 €
Comprar

Ás veces os feitos máis insignificantes e casuais son os que, sen intuílo, transforman as nosas vidas por completo. Ás veces mesmo son quen de nos sacar dunha existencia cómoda aínda que aburrida para nos levar a vivir unha aventura.
Iso foi o que lle aconteceu a Kaarlo Vatanen unha tardiña de San Xoán, cando accidentalmente atropelou aquela cría de lebre. Desde ese preciso intre, como a bolboreta que bate as ás e provoca unha tempestade no outro lado do mundo, o seu perfil de xornalista de relativo éxito atrapado nun matrimonio sen amor esfarelouse, e emprendeu unha viaxe sen igual pola xeografía de Finlandia até chegar ao mesmo Mar Branco.
Nesta novela-debut de 1975, Arto Paasilinna presenta o ideario que subxace á meirande parte da súa obra: o individuo libre fronte á sociedade abafante, a relación do ser humano coa natureza, e a procura do eu a través dunha viaxe iniciática ás marxes do mundo, todo isto debullado cunha linguaxe rápida, un carrusel de personaxes caricaturescos e moi altas doses de humor.


SOBRE O AUTOR

Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942) foi gardabosques, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros.
A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e desconcertantes, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas.
Traducido xa a decenas de linguas, O bosque dos raposos aforcados foi o primeiro libro que se verteu do finés ao galego. Despois virían O muiñeiro ouveador e O ano da lebre, publicados en galego por Rinoceronte.

Otros libros del autor

  • DELICIOSO SUICIDIO EN GRUPO
    Titulo del libro
    DELICIOSO SUICIDIO EN GRUPO
    PAASILINNA, ARTO
    Arto PaasilinnaDelicioso suicidio en grupoTraducido por Tomás González Ahola, Tuula AholaOnni Rellonen, un home de n...
    En stock

    21,00 €

  • ADÁN Y EVA
    Titulo del libro
    ADÁN Y EVA
    PAASILINNA, ARTO
    Las historias tragicómicas de Paasilinna sobre la vida en el norte, junto con su visión aguda y satírica de la socie...
    Disponible en 5 días

    20,95 €

  • O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS
    Titulo del libro
    O BOSQUE DOS RAPOSOS AFORCADOS
    PAASILINNA, ARTO
    Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A ...
    RECÍBELO EN 72H

    16,50 €

  • O MUIÑEIRO OUVEADOR
    Titulo del libro
    O MUIÑEIRO OUVEADOR
    PAASILINNA, ARTO
    TRADUCIÓN DO FINLANDÉS DE TOMÁS GONZÁLEZ AHOLACando Gunnar Huttunen aparece nunha vila perdida de Laponia e decide m...
    RECÍBELO EN 72H

    18,50 €

  • LE DENTIER DU MARÉCHAL, MADAME VOLOTINEN ET AUTRES CURIOSITÉS
    Titulo del libro
    LE DENTIER DU MARÉCHAL, MADAME VOLOTINEN ET AUTRES CURIOSITÉS
    PAASILINNA, ARTO
    Disponible en 5 días

    14,46 €