O CANASTRO SEN TORNARRATOS

O CANASTRO SEN TORNARRATOS. RESISTENCIA POPULAR NA ERA DO CAPITALISMO SEN DEMOCRACIA. UNHA OLLADA GALEGA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
POLITICA Y GOBIERNO
ISBN:
978-84-9121-329-1
Páginas:
376
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,95 €

Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En «O canastro sen tornarratos» abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador.
O «tornarratos» -a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro- proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: «Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba.»

Otros libros del autor

  • SUPERAVOA
    Titulo del libro
    SUPERAVOA
    RODRÍGUEZ, DAVID
    A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaix...
    En stock

    11,50 €