O CANTAR DOS MÚSIOS ERRANTES

O CANTAR DOS MÚSIOS ERRANTES

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
ROMÁNTICA
ISBN:
978-84-8487-641-0
Páginas:
208
Encuadernación:
BOLSILLO
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
Descatalogado

17,95 €

Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarmedobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico, porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor "aafinación", mantiveron viva a chama da nosa tradición (e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século pasado, na que transcorreu a infancia do autor e a de moitos de nós, ou dos nosos devanceiros.

Como escritor (ou simplemente como lesctor), porque estamos ante un libro singular,que mestura realidade e ficción, un libro que vai máis aló de temática musical para ciclear un atinado e exhaustivo retrato, ás veces case que antropolóxico, daquel tempo, daquel mundo que se foi baleirando coa emigración e hoxe agonía, pasto do desleixo e do silencio. un mundo que nos nutriu e nos segue mutrindo como pobo, aínda que ás veces o ignoremos. Memoria seminal do que fomos ou soñamos ser, que esta obra contribúe a rescatar e perservar para ás futuras xeneracións.

Manuel Blanco López
Musico e poeta