O CASTELÁN DE COUCY E A DAMA DE FAYEL

O CASTELÁN DE COUCY E A DAMA DE FAYEL. NOVELA MEDIEVAL FRANCESA, ESCRITA EN PICARDO, QUE PERTENCE AO GRUPO DE LINGUAS D’OÏL, A FINAIS DO S. XIII OU COMEZOS DO XIV, POR UN POETA QUE AGOCHOU

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-92866-94-6
Páginas:
182
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

16,00 €
Comprar

TRADUCIÓN DO FRANCÉS DE RAÚL GÓMEZ PATO

O castelán de Coucy e a dama de Fayel é unha novela medieval francesa, escrita en picardo, que pertence ao grupo de linguas d’oïl, a finais do s. XIII ou comezos do XIV, por un poeta que agochou o seu nome en versos acrósticos ao final da obra (Jakemés).

Trátase dun texto narrativo que tivo un enorme prestixio na literatura medieval posterior, posto que recolle e amplifica unha das lendas que máis éxito tiveron na Idade Media, cun tráxico final, na que a dama come o corazón do seu amante, o que converte a esta parella na máis turbadora e infortunada da literatura europea. Este motivo aparece recollido nunha serie de autores ao longo de toda a tradición europea, como Dante, Boccaccio, Sade, Walter Scott ou mesmo Stendhal.

O seu autor fai do amor o obxecto central da composición e o principio estético da súa obra, dentro dun estilo sobrio e fluído, claro e harmonioso. Esta harmonía entre poesía e vida permite que a súa obra sexa recollida no ámbito da lenda e colocada, xa no século XIII, xunto as obras máis coñecidas da literatura provenzal.


Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

ISBN: 978-84-92866-94-6
Nº páxinas: 182
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm