O ENCAIXE DE BRUXELAS

O ENCAIXE DE BRUXELAS

Editorial:
BELAGUA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-124434-7-9
Páginas:
384
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

23,00 €

A loita pola supervivencia leva a Clara dende Bos Aires a España, e de aquí a Bruxelas, onde traballa como comisaria de exposicións de arte ás ordes dunha rica e desaborida xefa. Instalada precariamente na capital belga, Clara verase moi pronto ameazada por unha mafia de explotación laboral e decatarase de estar vivindo unha quimera.

Luz Darriba escribe unha novela claramente autobiográfica, desvelándonos unha historia familiar e persoal atravesada polo forzoso exilio. Irónica, incisiva, enxeñosa e incluso tenra,o filtro do tempo permítelle recrear algúns pasaxes hilarantes.

Transmutada no seu alter ego Clara, enlaza un enérxico discurso contra o establishmente mundial no que operan as ditaduras, as mafias da trata de persoas ou o integrismo relixioso. En conversa imaxinaria coa súa nai, deixa fluír as súas lembranzas dos anos infantís para mostrarnos a nena que foi, espelida, observadora e cun gran sentido de xustiza; reflexiona sobre a maternidade, as relacións familiares, as desigualdades ou corrupción, e brinda, finalmente, pola vida e pola arte.

Otros libros del autor