O EXTRAÑO CASO DA BICICLETA AMARELA

O EXTRAÑO CASO DA BICICLETA AMARELA. OITO CONTOS E UNHA TRAXICOMEDIA. AUTOR FERROL

Editorial:
BELAGUA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-124434-3-1
Páginas:
140
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,00 €

Henrique Dacosta volve a súa ollada aos tempos da súa infancia para somerxernos no territorio literario que nunca abandona: a cidade de Ferrol, por un lado, e a súa fascinante costa, por outro. O realismo percorre esta escolma de relatos dispares, lembranzas dunha rapazada que medra escoitanto as historias dos vellos mariñeiros e afánase en emulalos; das rúas onde ninguén pasa desapercibido; dun Arsenal que todo o impregna...

O libro está conformado por oito relatos, enchidos de pequenas traxedias, e unha breve peza dramático-cómica. Por eles aparecen, ademais, personaxes de narracións anteriores, como o teimudo pescador Belarmino, e o torreiro Terencio e mais o seu amigo Venancia, que n´O cabo do mundo nos contan as calamidades vividas na construcción das baterías militares do cabo Prioiro.

Unha vez máis, o singular estilo de Dacosta lévanos a admirar o seu dominio da linguaxe e o seu profundo coñecemento de vocábulos e expresións dialectais que lle son propias.

Otros libros del autor

  • A ROTA DO OESTE
    Titulo del libro
    A ROTA DO OESTE
    DACOSTA LÓPEZ, HENRIQUE
    O islandés Gudmund Arnórsson emprende a vella rota que os seus predecesores tardoviquingos inauguraran moitos século...
    En stock

    19,00 €