O HIBISCO PÚRPURA

O HIBISCO PÚRPURA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
MODERNA Y CONTEMPORÁNEA
ISBN:
978-84-92866-93-9
Páginas:
326
Encuadernación:
paperback
Disponibilidad:
Disponible en 2 días

20,00 €
Comprar

A moza Kambili, de quince anos, e o seu irmán maior, Jaja, levan unha vida privilexiada na cidade nixeriana de Enugu. Viven nunha fermosa casa e asisten a un elitista colexio relixioso, pero a súa vida familiar non é harmoniosa. O seu pai, un poderoso e respectado home de negocios, é un fanático católico que alenta expectativas de agarimo imposibles de cumprir. Cando os rapaces visitan durante uns días a cariñosa e atrevida tía Ifeoma no seu humilde piso, descobren un mundo totalmente novo: as continuas risas dos seus curmáns, as flores exuberantes, o respecto polas ideas, a liberdade, o amor e a ausencia de castigos. Ao regresar ao seu fogar, transformados pola liberdade conquistada, a tensión familiar crece de forma alarmante.




SOBRE A AUTORA

Chimamanda Ngozi Adichie (Abba, Nixeria, 1977) pasou a maior parte da súa vida nun campus universitario, primeiro no seu país natal e logo nos Estados Unidos.
No 2003, mentres estudaba en Connecticut, publicou a súa primeira novela, O hibisco púrpura, moi ben acollida pola crítica. Por el recibiu non só o Premio Commonwealth Writer ao mellor libro dun autor novel, senón tamén o eloxio do seu admirado Chinua Achebe.
Despois virían Half of a Yellow Sun (2006), The Thing Around Your Neck (2009), Americanah (2013) e We Should All Be Feminists (2014), obras que a confirmaron como autora contemporánea de referencia.