O HOME INEDITO

O HOME INEDITO

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-935375-1-7
Páginas:
160
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Agotado

10,00 €

Moi bo libro, sobre todo moi divertido, que fai que te rías a gargalladas en moitas partes del, é so por iso xa hai que recomendalo a todo o mundo. Porque o autor sácache a risa, tamén a sonrisa, pero moitas veces faite rir de verdade e hoxe en día iso é moi complicado en tódolos ámbitos da vida, e o autor faino dunha maneira moi natural.

A novela narra a historia de Lucas, poeta e aficionado do SuperDepor (“O que tiña que facer o “Piruletas” é deixarse de caballadas e apostar polo fútbol ofensivo, que é un caguetas, cona. Ten que poñer a xogar os bos. Eu se fora el; puña a Turu; Pauleta e Makay xuntos…”), que vive en Nova York traballando de comentarista futbolístico nunha cadena latinoamericana, é que vai recordando as historias que lle acontecían en Santiago cos seus amigos.

A Lucas, polas situacións que lle acontecen, poderíamos calificalo de perdedor. Eu creo que sobre todo polo feito de ser galego, nunca o consideramos como derrotado, simplemente as cousas a veces tenden a torcerse, pero él se un camiño de súpeto se corta, colle e tira por outro e o que veña pois se afrontará como cada un ben poida, pero nunca da a impresión de sentirse perdedor ou derrotado.

Para mín este Lucas é un prototipo do home galego, evidentemente “kracks” hai en tódalas partes ós cales ningunha situación o supera. Pero eu creo que o autor constrúe una personaxe que para todos os Galegos, en moitos aspectos un se sente identificado. A sua humildade, o seu sentido do humor, o seu bo corazón, a súa valentía a hora de afrontar os feitos, e esa pizca de Galegos que estemos no lugar que estemos nadie nola pode quitar, moita xente ese deixe galego, esa parte galega da alma quérenlle dar connotacións despectivas tipo (un pouco montuno), eu creo que esa galeguidade eu identifícoa con inxenuidade, e eu creo que ser inxenuo na vida, aínda que te de vez en cando te leves algúns chascos, é un rasgo de carácter do que debemos sentirnos orgullosos.

tionapoleon.blogspot