O LABIRINTO DA SAUDADE

O LABIRINTO DA SAUDADE. PREMIO ENSAIO CARVALHO CALERO FERRO

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-230-6
Páginas:
141
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,96 €
Comprar

O decano de Filosofia da USC, Luís García Soto, recolleu esta semana en Ferrol o XIX Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística na modalidade de ensaio polo seu traballo ‘O labirinto da saudade’. O acto estivo presidido polo alcalde da cidade, Jose Manuel Rey Varela.

O xurado, que outorgou o galardón por unanimidade, estivo presidido polo concelleiro de Cultura de Ferrol e composto ademais pola profesora da Universidade da Coruña, Carme Fernández-Pérez Sanjulián; o enxeñeiro, economista e escritor Camilo Nogueira Román; a documentalista, escritora e tradutora María Ángeles García Sumay; a xornalista Montserrat Dopico González; e o gañador da anterior edición, Manuel Castelao.

No acto de entrega do premio, García Soto manifestou a súa satisfacción por recibir un galardón que leva o nome de quen foi o seu mestre. “Recompensa ver o meu nome unido ao do prestixioso profesor e ao do Concello de Ferrol”, dixo. O profesor da USC cualificou o traballo gañador como “un percorrido do que outros dixeron e fixeron sobre a saudade, o pensamento, a arte, a pintura e a escultura de Galicia e Portugal”.


"O Labirinto da Saudade" traça um movimento entre a vivência, a experiência directa e a elaboração intelectual, na esteira da longa tradição de estudos sobre a saudade. Neste ensaio, ao mesmo tempo fundo e leve, são conjugados e procurados com harmonia e em equilíbrio a criação e o saber, até se chegar a uma perspectiva diferente e original, que recolhe os contributos de outros pensadores. A partir da experiência psicológica pessoal da morriña e da saudade, o autor faz um percurso entre as culturas galega e portuguesa: na filosofía (Ramón Piñeiro, Teixeira de Pascoaes, António Sérgio, Carolina Michaëlis e Andrés Torres Queiruga), na pintura (Henrique Pousão, António Carneiro e Silva Porto), na escultura (Soares dos Reis) e na poesia (Pondal, Carvalho Calero e Avilés de Taramancos).