O LIBRO DOS LIBROS

O LIBRO DOS LIBROS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9151-205-9
Páginas:
236
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

21,95 €

Un conto moi vello fala dunha panadeira a quen lle preguntaron unha vez que por que escollera esa profesión e non outra

Dixo que adora comer pan, como recendía cando saía do forno, a textura e a súa temperatura, sobre todo cando aínda estaba quente e había que pasalo dunha man a outra para non queimar. Namorada do pan, entendeu que dedicaría a súa vida a facelo e vendelo entre os seus veciños. Era panadeira. Nin máis nin menos. Comía e facía pan.

Como segue o resto da historia, agora, non importa.

Ás veces non hai por que meterlle o dente a unha bola de pan para saber que é delicioso.

As e os que escriben, dalgunha maneira, son coma a panadeira do conto. Se escriben é porque nalgún momento, con toda probabilidade ao inicio das súas biografías, namoráronse dos libros.

Do obxecto-libro coas súas páxinas impresas, os seus lombos de letras que non sé informan dun título senón sobre todo dun mundo. Antes que escritoras ou escritores son xentes que len. Escriben proque len. (Moi probablemente, sempre, o exercicio literario é unha prolongación do acto lector.)

As autoras e autores que inventaron para este volume relatos sobre libros, lectura, bibliotecas, librerías e xentes que len, pensan coa escrita e deutan a través das xemas dos dedos sobre o teclado as súas visións do mundo.

Escriben. Coa mesma delicadeza a atención coma quen fai pan de madrugada.

Para que se coman pola mañá.

Cando o mundo está de estrea.

Coma un libro que oabres pola primeira páxina.

Otros libros del autor

  • GRIAL 246 (A.M.X.2025) SOCIEDADE, ECONOMIA E TERRITORIO
    Titulo del libro
    GRIAL 246 (A.M.X.2025) SOCIEDADE, ECONOMIA E TERRITORIO
    VARIOS
    No contexto da celebración dos 75 anos da fundación de Editorial Galaxia, a revista Grial propúxose realizar varios ...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO DE EDITORIAL GALAXIA
    Titulo del libro
    CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO DE EDITORIAL GALAXIA
    VARIOS
    No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia […] que ten espallado c...
    RECÍBELO EN 72H

    22,50 €

  • GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADE
    Titulo del libro
    GRIAL 245 (X.F.M.2025) CULTURA, ARTES E IDENTIDADE
    VARIOS
    Corresponde aos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2025I Foro Grial. Cultura, artes e identidadesMaría López Sánd...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    Titulo del libro
    CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    VARIOS
    O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura...
    RECÍBELO EN 72H

    17,50 €

  • ESPAÑA EN EL MUNDO
    Titulo del libro
    ESPAÑA EN EL MUNDO
    VARIOS
    La sociedad internacional se encuentra en un proceso de transición: en este primer cuarto de siglo convergen element...
    En stock

    19,90 €