Steve vive preocupado polo seu irmán pequeno, gravemente enfermo, e polo niño de avespas que se instalou no tellado da súa casa. Cando a raíña das avespas aparece nos seus soños e lle ofrece unha cura para o seu irmanciño, Steve ve a solución ós seus problemas. Pero aceptar esta proposta implica certos perigos.
Ilustracións interiores de Jon Klassen, galardoado coa medalla Caldecott.
A partir de 12 anos.
Oppel, Kenneth
Autor de numerosos títulos para novos lectores, Kenneth Oppel escribiu o seu primeiro libro, Colin’s Fantastic Video Adventure, con 14 anos e mandoulle o manoscrito a Roald Dahl, quen llo recomendou ó seu axente, pero non saíu publicado ata que fixo os 18 anos. O niño foi distinguido pola Canadian Library Association, así como por múltiples medios de comunicación e bibliotecas como libro do ano.