O PILOTO. O ÚLTIMO GUERRILLEIRO

O PILOTO. O ÚLTIMO GUERRILLEIRO. MAQUIS GALICIA GALEGO

Editorial:
HERCULES
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-943868-2-4
Páginas:
168
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

14,96 €


Sinopsis

O Piloto, o último guerrilleiro (morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965) Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida. Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe. Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época. O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas súas particulares circunstancias. Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira en organizarse en todo o estado e a última en desaparecer. Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, así como a súa conexión co ?novo nacionalismo?.

Otros libros del autor

  • A MORTE DO MEU PAI
    Titulo del libro
    A MORTE DO MEU PAI
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao...
    RECÍBELO EN 72H

    17,90 €

  • O PILOTO. EL ÚLTIMO GUERRILLERO
    Titulo del libro
    O PILOTO. EL ÚLTIMO GUERRILLERO
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    Xosé Luis Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), conocido popularmente como Piloto, no se convirtió en mito por ...
    RECÍBELO EN 72H

    14,96 €

  • MEMORIAS DUNHA VACA MARELA
    Titulo del libro
    MEMORIAS DUNHA VACA MARELA
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    "Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da ca...
    RECÍBELO EN 72H

    17,90 €

  • INFILTRADOS 2ªED
    Titulo del libro
    INFILTRADOS 2ªED
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    Disponible en 72h

    16,50 €