O PREZO DO INVERNO

O PREZO DO INVERNO

Editorial:
TULIPA
Año de edición:
ISBN:
978-84-949477-8-0
Páginas:
36
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

7,00 €

O prezo do inverno é un reto tradutolóxico e unha obra na que se dilúen as fronteiras. Cada poema crea un espazo de ninguén onde as vangardas, o medieval e o metaliterario se mesturan cunha erótica inesperada e a omnipresente morte en clave natural.


O creacionismo do autor preséntase a súa forma máis transformadora. As pequenas metamorfoses de cada texto obedecen aos cambios de estación, mais non só como fenómeno temporal, senón tamén como experiencia social e existencial.
As diferentes voces dos poemas fan eco da relación entre Knörr e Portela, amosando crueldade-compaixón, cinismo-simpatía e retranca inocente e escura a partes iguais. Mentres o ego poético esquece o mundo exterior para se refuxiar no desexo, o activismo do autor remata por confundirse co derrotismo.



Estes poemas de Elías Knörr proceden de Greitt í liljum (Partus 2016) e "Tvö ljóð í nellikuleysi" na antoloxía Ljóð í leiðinni: skáld um Reykjavík (Meðgönguljóð 2013) e publícanse en formato bilingüe, traducido por Elías Portela e revisado por Gonzalo Hermo.

?

Colección 10x15

Nº Páxinas: 38

Tradución: Elías Knörr