O SENTIDO DUN FINAL

O SENTIDO DUN FINAL. TR. XESUS FRAGA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-92866-42-7
Páginas:
164
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

16,90 €
Comprar


Tradución do inglés de Xesús Fraga

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada de soños e lecturas. A vida conduciunos por camiños tan diverxentes ata converter en imposible a promesa de amizade eterna que se fixeran ao saír do colexio. A Tony, a vida deulle unha existencia pacífica e convencional, na que as arelas aventureiras da xuventude deron paso á conformidade e un plácido retiro. Pero a chegada inesperada dunha carta obrigarao a revisar o seu pasado e cuestionarse se a versión que se contou a si mesmo durante tantos anos non é tan fiel aos feitos como el cría.

O sentido dun final é un incisivo exame das zonas de sombra da memoria e a fraxilidade das aspiracións, do valor da amizade e do compromiso, ademais da impredecible natureza do amor e os afectos, a cargo dun inesquecible personaxe.

O autor

Julian Barnes (Leicester, Reino Unido, 1946) é un dos escritores máis recoñecidos da literatura británica contemporánea. Autor de dez novelas, entre as que se contan Metroland, Flaubert’s parrot, England, England e Love Etc, tamén cultivou o relato curto (Cross Channel e The Lemon Table), así como o ensaio e o xornalismo (The pedant in the kitchen, Letters from London). Chevalier das Artes e das Letras, é un profundo coñecedor da literatura francesa e tradutor de escritores como Daudet. En 2011 gañou o Premio Booker por O sentido dun final.

Otros libros del autor

  • NIVELES DE VIDA
    Titulo del libro
    NIVELES DE VIDA
    JULIAN BARNES
    «Juntas dos cosas que no se habían juntado antes. Y el mundo cambia. La gente quizá no lo advierta en el momento, pe...
    Agotado

    14,90 €

  • ARTHUR E GEORGE
    Titulo del libro
    ARTHUR E GEORGE
    JULIAN BARNES
    Tradución do inglés de Xesús FragaArthur e George nacen e medran no esplendor da Inglaterra vitoriana, pero case en ...
    Descatalogado

    23,90 €