O SOL DE HOMERO

O SOL DE HOMERO. UNHA DEFENSA DA POESÍA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-8302-837-7
Páginas:
312
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

22,50 €

O sol de Homero do poeta e ensaísta Xavier Seoane é unha lúcida reflexión sobre a creación poética. Unha nova defensa da poesía. A constatación da súa necesidade no horizonte do terceiro milenio. Desde as orixes da modernidade, a creación poética non se disociou da reflexión crítica. Os poetas exploraron a súa razón de ser, tratando de arrancar o seu misterio. Para os poetas, o noso é un tempo de poética: a busca do seu lugar na sociedade e na historia. O retorno desde o exilio á Polis. A poesía é catarse e comunicación, conto e canto, elexía e festa, mais tamén producción de sentido e vía de coñecemento. Un camiño de plenitude cara á posesión do real absoluto do que falaba Novalis. A poesía é unha chave para a Casa do ser. Para a revelación da plenitude da existencia. Paxaro atrapado a man, a poesía é o territorio da revelación e do abraio. Transcendencia e día a día. Verbo encarnado. Lume e arpa, o sol de Homero parece aínda irradiar no horizonte da época contemporánea.
Esta defensa da poesía de Xavier Seoane realizouse optando por acudir as testemuñas dos propios poetas. Este ensaio constitúe unha pequena babel de referencias, de declaracións ou de poéticas -en prosa e verso- dos poetas sobre a poesía co obxectivo de que o lector curioso e interesado acuda ás fontes que aquí se nomean, na conciencia de que non o defraudarán. Un ensaio necesario e optimista sobre esa esfinxe que interroga ao lector, sobre ese espello que é a páxina poética, esa lectura secreta do rostro.

Otros libros del autor

  • CANCIÓNS PARA ANA LÚA
    Titulo del libro
    CANCIÓNS PARA ANA LÚA
    SEOANE, XAVIER
    Hai quen oíu cantar o cervo. E sentiu o paso do unicornio. E viu saír a lúa do pozo. E coñeceu a existencia dos trev...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE
    Titulo del libro
    DICIONARIO IRREAL PARA UN PAÍS IMPOSIBLE
    SEOANE, XAVIER
    Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, ...
    Disponible en 5 días

    28,50 €

  • TODOS SOMOS ULISES
    Titulo del libro
    TODOS SOMOS ULISES
    SEOANE, XAVIER
    Na liña dos seus libros anteriores, "Atravesar o espello", "O Sol de Homero" e "Saudar a vida", esta nova proposta, ...
    RECÍBELO EN 72H

    24,95 €

  • SAUDAR A VIDA
    Titulo del libro
    SAUDAR A VIDA
    SEOANE, XAVIER
    Este ensaio propón unha defensa da cultura humanística nun mundo de gran desenvolvemento científico, tecnolóxico e p...
    Disponible en 5 días

    24,50 €

  • DE VUELOS Y DE AVES
    Titulo del libro
    DE VUELOS Y DE AVES
    SEOANE, XAVIER
    Xavier Seoane, poeta gallego, además de monografías sobre arte, escribió ensayos de carácter humanístico, narrativa ...
    RECÍBELO EN 72H

    18,00 €