O mundo e a realidade teñen máis caras das que cremos.
Luz é unha moza especial, só que ela aínda non se decatou. A piques de comezar un novo curso na universidade, coñece unha muller en busca do seu pasado, e embarca con ela nunha aventura chea de misterio, soños, autocoñecemento e historias que se entrecruzan e das que será parte ata o fin, ao tempo que comproban que a natureza garda segredos impensables.
AUTOR
Seijas, Antonio
Ares, 1976. Historiador da Arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Publicou tres novelas gráficas: Un hombre feliz, gañadora do Certame Castelao (2006) e premio do público ao Mellor guión no saló del Còmic de Barcelona (2008), que tamén foi adaptado a formato radio-teatro pola Radio Nacional Eslovena; Cartas de inverno, premio Isaac Díaz Pardo ao mellor Libro Ilustrado da Asociación Galega de Editores (2012); La luz, nominada Mellor Obra Nacional en Expocómic (2014). Deseña revistas, xornais, libros e tamén libretos de discos, como os do grupo Marillion. O soño da serpe é a súa primeira nvoela.