O TRASNO DE ALQUEIDÓN

O TRASNO DE ALQUEIDÓN

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-755-4
Páginas:
72
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

10,95 €
Comprar

Este libro está formado por tres contos: " O trasno de Alqueidón " Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man.
" Neve na Amaía " Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico.
" Chave de Ponte, Chave de Carballo " Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

Otros libros del autor

  • AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)
    Titulo del libro
    AS MALAS MULLERES (LECTURA FACIL)
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle ...
    En stock

    18,50 €

  • AS BOCAS COSIDAS
    Titulo del libro
    AS BOCAS COSIDAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa c...
    RECÍBELO EN 48H

    24,00 €

  • LOBOS NAS ILLAS
    Titulo del libro
    LOBOS NAS ILLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa...
    Consulte previamente la disponibilidad

    17,35 €

  • LAS MALAS MUJERES
    Titulo del libro
    LAS MALAS MUJERES
    ALEIXANDRE, MARILAR
    La historia de Sisca, de quince años, encarcelada porque las mujeres no son dueñas de su cuerpo; las de Concepción A...
    RECÍBELO EN 48H

    17,95 €

  • NOGARD
    Titulo del libro
    NOGARD
    ALEIXANDRE, MARILAR
    «Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inv...
    RECÍBELO EN 48H

    14,50 €