O XACEMENTO DE SANTA COMBA E MINERIA DE COVAS

O XACEMENTO DE SANTA COMBA E MINERIA DE COVAS. INVESTIGACIÓNS RECENTES FERROLTERRA FERROL

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-16456-08-6
Páginas:
275
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,00 €

Este libro presenta os resultados da investigación desenvolvida nos últimos anos ao redor do xacemento das Illas de Santa Comba (Covas, Ferrol) e o seu contorno, baixo a coordinación do grupo de investigación "Historia, Arqueoloxía e Análise Territorial" (HAAT), da Universidade da Coruña (UDC).
Responde, en boa medida, ao compromiso amosado por este grupo e polos seus integrantes coa investigación e a valorización do seu ámbito xeográfico máis próximo, que con anterioridade ten dado lugar a encontros científicos e monografías sobre o pasado galaico-romano de Ferrolterra (Alonso Troncoso 1997), o patrimonio histórico das Pontes de García Rodríguez (Alonso Troncos, 2003), o patrimonio histórico-cultural da Serra da Capelada ou, recentemente, a historia e patrimonio do Golfo Ártabro (Alonso Troncoso et al. 2014)

Sumario
O xacemento das Illas de Santa Comba e o seu contexto: presentación e bases dun proxecto de investigación (Xosé-Lois Armada e Victor Alonso)
Patrimonio xeomorfolóxico e xeodiversidade: espazo natural-cultural no contorno das Illas de Santa Comba (Ferrol, Galicia, NW de España) Manuela Costa Casais
Documentación xeométrica do castro de Santa Comba e a súa contorna: do GPS ao LiDar aéreo (Patricia Mañana-Borrazás e Alejandro Güimil-Fariña)
Prospección xeofísica mediante tomografía eléctrica e xeorradar no xacemento de Santa Comba (Carlos Otero Vilariño)
Angae Rebe Trasangi: de novo sobre a dedicatoria a Rebe de Santa Comba (Covas, Ferrol) Antonio Rodríguez Colmenero
Toponímia de Santa Comba de Covas (Ferrrol) - Xosé Álvaro Porto Dapena
Referencias históricas sobre a área de Prior, Santa Comba e Ponzos - José López Hermida
Unha achega á historia contemporánera das minas de Covas - Eliseo Fernández www,centrallibrera.com
Descripción dalgúns aspectos da xeografía humana de Covas - Rebeca Senín Fontenla e José María López-Vizoso
O Plan Director como ferramenta para a investigación e valorización da paisaxe de Prior, Santa Comba e Ponzos - Carlos Otero Vilariño e Xosé Lois Armada
Santa Comba e a minería de Covas: síntese e consideracións finais - Xosé-Lois Armada e Victor Alonso
Santa Comba e a mitoloxía das illas litorais - Victor Alonso
Bibliografía