OLLOS DE AMBAR

OLLOS DE AMBAR. POESIA FERROL SOCIEDAD VALLE-INCLAN

Editorial:
SOCIEDAD CULTURAL VALLE-INCLÁN
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-95289-70-4
Páginas:
88
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ESQUIO
Disponibilidad:
En stock

6,50 €
Comprar

Biografía

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Doutor en Estudos Hispánicos pola Universidade de Cork.

Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas, traducións ao galego de autores de lingua inglesa e traducións ao inglés de poemas galegos. Foi lector de galego no "Irish Centre for Galician Studies" do departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Cork, en Cork (Irlanda), e na actualidade é profesor de lingua española, director do citado centro de estudos galegos de Cork e director do centro de "Creative Writing" (escritura creativa) nesa mesma universidade.

Como poeta, participou en numerosos recitais, colaborou nas revistas Ólisbos, Eis, Lúa Nova, Dorna; Southword, SERTA, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

Grande parte da súa obra crítica, xunto á súa tese de doutoramento, estivo centrada na figura e obra de Antón Avilés de Taramancos.
Obras
Poesía

Tempo van de porcelana, 1990, Casa de Cultura, Noia.
As últimas ruínas, 1994, Espiral Maior.
Ollos de ámbar, 2005, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
Fundaxes, 2006, Espiral Maior.

Ensaio

Antón Avilés de Taramancos, 2003, Edicións Fervenza.
Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos, 2003, Laiovento.

Edición

Cantos caucanos, de Antón Avilés de Taramancos, 2003, Xerais.

Antoloxías e obras colectivas

Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais.
Poesía ultimísima, 1997, Libertarias, Madrid.
Muestra de la joven poesía gallega, en La flama en el espejo, 1997, Praxis.
A poesía contemporánea a partir de 1975. Antoloxía, 1997, A Nosa Terra/AS-PG.
Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega, 1999, Xerais.
Milenio. Ultimísima poesía española, 2000, Sial.
Novas voces da poesía galega: recital, 2000, Consello da Cultura Galega.
150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, [libro electrónico]).

Investigación

A obra literaria de Anton Aviles de Taramancos: un estudo critico, 2007 (Tese doutoral)