ORIÓN E OS ANIMAIS MAGOS

ORIÓN E OS ANIMAIS MAGOS. UN CAN DE PALLEIRO DE MIRADA MOI AMIGABLE. UN DÍA MALFADADO, CANDO ISIDRO ESTABA TOCANDO UNHA DAS SÚAS PEZAS MÁIS LEDAS, FALLOU UNHA NOTA E OS SEUS BR

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-217-7
Páginas:
136
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

9,95 €

Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira extraña. O vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. Orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. Ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga...
"Orión e os animais magos" do catalán Joán Manuel Gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. Como en obras anteriores de Gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia; acontecementos que contarán coa presencia, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. Fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por Francisco Solé, que con toda naturalidade e mediante unha linguaxe sinxela e precisa é quen de situar ao lector nun mundo onde os animais falan, maquinan e senten.

Otros libros del autor

  • LA INVISIBLE NAVE DE LA NOCHE
    Titulo del libro
    LA INVISIBLE NAVE DE LA NOCHE
    GISBERT, JOAN MANUEL
    Una historia sobre la importancia de contar y escuchar cuentos, se tenga la edad que se tenga. Cuando llega la noche...
    Consulte previamente la disponibilidad

    10,95 €

  • LAS MALETAS ENCANTADAS
    Titulo del libro
    LAS MALETAS ENCANTADAS
    GISBERT, JOAN MANUEL
    La aparición de una misteriosa maleta en mitad del bosque revoluciona a los animales y plantea muchos enigmas: ¿qué ...
    Disponible en 1 semana

    12,50 €

  • ESCENARIOS FANTÁSTICOS
    Titulo del libro
    ESCENARIOS FANTÁSTICOS
    GISBERT, JOAN MANUEL
    Joan Manuel Gisbert es uno de los autores españoles de literatura juvenil más prestigiosos. Su obra ha sido galardon...
    RECÍBELO EN 48H

    11,50 €

  • EL TALISMÁN DEL ADRIÁTICO
    Titulo del libro
    EL TALISMÁN DEL ADRIÁTICO
    GISBERT, JOAN MANUEL
    Croacia, 1498. Un jinete embozado llega en plena noche a un convento benedictino en plena noche. Dice actuar en nomb...
    Descatalogado

    9,95 €

  • EL SECRETO DEL HOMBRE MUERTO
    Titulo del libro
    EL SECRETO DEL HOMBRE MUERTO
    GISBERT, JOAN MANUEL
    Un cadáver desaparece misteriosamente en la ciudad de los canales, y el joven Luca se ve inmerso en una oscura trama...
    Consulte previamente la disponibilidad

    9,45 €