OS CALOTEIROS

OS CALOTEIROS. TR. EVA ALMAZAN

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-92866-51-9
Páginas:
214
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,50 €
Comprar

Tradución do inglés de Eva Almazán

Roy Dillon é un xenio da duplicidade. Na teoría gaña a vida modestamente como vendedor a domicilio; na práctica está a amasar unha fortuna a golpe de calotes. Cando un dependente estafado cheira o engano e lle desfai o estómago dunha mocada, Roy vese perante a oportunidade —ou quizais a obriga?— de escoller entre dúas mulleres e cadanseu mundo. Pode embarcarse no trepidante calote a grande escala que lle propón Moira Langtry, a súa amante, unha sofisticada sedutora que intúe o inicio da súa decadencia, ou pode abrazar a tentadora mediocridade dunha vida decente coa súa enfermeira, a anxelical e doce Carol Roberg, a inocencia personificada. Mal sabe Roy que na realidade non ten elección, pois a única muller do seu universo sempre será Lilly Dillon, a nai cínica e desnaturalizada a quen tanto odia e tanto ama, reaparecida tras anos de separación para salvarlle a vida e complicarlla asemade. En duascentas áxiles páxinas de novela negra en estado puro, Jim Thompson condensa un verdadeiro estudo psicanalítico cun aquel de traxedia grega, que conta cunha versión cinematográfica de Stephen Frears.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Otros libros del autor