OS CANTOS DOS PEREGRINOS DE SANTIAGO

OS CANTOS DOS PEREGRINOS DE SANTIAGO

Editorial:
TOXOSOUTOS TOXO SOUTOS
Año de edición:
Materia
Hª DE GALICIA
ISBN:
979-13-992230-6-4
Páginas:
188
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

16,00 €
Comprar

Os cantos dos peregrinos de Santiago (Letras e Música). Con Introdución, notas histórico-críticas... (Montauban, 1899) do abade Camille DAUX, traducidos por primeira vez ao galego e que a Editorial TOXOSOUTOS ofrece a todos os curiosos do noso pasado..., ?son, en efecto, guías dende o punto de vista do itinerario, así como para as disposicións e precaucións materiais e espirituais que cómpre tomar ao partir, no camiño, e ao regresar...
A gran popularidade de Santiago e do seu célebre santuario de Compostela valéronlle ser cantado en todas as linguas e en todos os dialectos... Cada nación expresaba así na súa lingua máis popular o entusiasmo e a devoción cara ao santo e a súa tumba...?
Os cantos reflicten experiencias compartidas e sentimentos universais ?a tristura, o medo e a ledicia? dos peregrinos. Servían ademais para dar ánimos ou expresar o cansazo da viaxe. Utilizaban o canto na ruta non só como unha mostra de fe e para entreterse, senón tamén coma un roteiro práctico de supervivencia e orientación. Ao seren cantos anónimos, a memorización foi, durante séculos, o único procedemento de conservación e transmisión destes cantos. Como consecuencia da oralidade, coexisten varias variantes dun mesmo canto. As diversas edicións dos cantos dos peregrinos franceses dos séculos XVII e XVIII axudaron a preservar e difundir o seu repertorio musical.
Hoxe en día, estes cantos seguen sendo interpretados por coros que buscan revivir a tradición musical xacobea. Ademais, se converteron nun símbolo do patrimonio cultural do Camiño de Santiago, lembrándonos a importancia da música como medio de expresión e unión...