OS ESPELLOS DO TEMPO

OS ESPELLOS DO TEMPO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-115-7
Páginas:
300
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

21,90 €

Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles é o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop. A novela aliméntase de imaxes procedentes da fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, é o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, contén un amplo álbum de citas final. Álbum fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a través dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade.

Otros libros del autor

  • O SOÑO (RE)DIRIXIDO
    Titulo del libro
    O SOÑO (RE)DIRIXIDO
    VAQUEIRO FOXO, VÍTOR
    O título parte dunha frase de Jorge Luis Borges referida ao quefacer literario. Percorrendo un camiño que conduce de...
    Disponible en 5 días

    21,00 €

  • MITOLOXÍA DE GALIZA
    Titulo del libro
    MITOLOXÍA DE GALIZA
    VAQUEIRO FOXO, VÍTOR
    Nas páxinas desta guía atoparemos meigas, mouros, mulleres, guerreiros e animais fabulosos, sereas e pedras marabill...
    RECÍBELO EN 72H

    37,00 €