DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, FRANCISCO
Coordinada por Francisco Díaz-Fierros e Plácido Bahamonde, esta publicación recolle as actas das xornadas celebradas baixo o mesmo título os días 7 e 8 de novembro de 2005 en Santiago de Compostela. O encontro reuniu aos sectores implicados para analizar a problemática dos incendios forestais en Galicia e buscar solucións.
Nestas xornadas que organizou o Consello da Cultura Galega sobre os incendios forestais en Galicia tentouse, unha vez máis, ofrecerlle á sociedade galega un foro de reflexión sobre este importante problema, un dos máis graves que aínda están sen resolver. Para
loitar co lume hai unhas medidas a curto e medio prazo que dependen dos servizos contra os lumes e das accións preventivas que se poñan en marcha. Pero hai outras a máis longo prazo que atinxen fundamentalmente os valores, tanxibles e intanxibles, que se poñen en xogo e que, polo tanto, se deben entender como unha acción cultural de cara a toda a sociedade, algo moi propio e pertinente no campo de actividade do Consello.