OS PECADOS CAPITAIS

OS PECADOS CAPITAIS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9782-513-9
Páginas:
232
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

19,95 €

A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. Con Andrés, xa no seu leito de morte, distintas persoas que conviviron con el e que agora agardan o seu pasamento, van relatando as súas convulsas relacións co narcotraficante e achegando, cadaquén, o seu particular punto de vista: o curo, a súa criada, o seu avogado, o seu fillo, o seu amigo Indalecio..., até a agardada confesión do propio Andrés. El mesmo tamén xulga a todos os que o rodean, arrogante e fachendoso, pracicamente ás portas da morte.
Francisco A. Vidal obtivo con Os pecados capitais o Premio Terra de Melide 2005. Novela multiperspectivista (narrada dende o punto de vista de sete personaxes), de lectura engaiolante, aborda a historia dun home que quere triunfar nun país de emigrantes sen saír da terra. A fame por medrar conducirao ao contrabando de tabaco e máis tarde ao "próspero" negocio do narcotráfico. O xurado que outrogou o Premio Terra de Melide subliñou que o autor conseguiu unha gran profundidade na creación de Andrés, o personaxe central da novela.