OS POEMAS QUE NON PODES DEIXAR DE COÑECER 2

OS POEMAS QUE NON PODES DEIXAR DE COÑECER 2. POESÍA ESPAÑOLA, GALEGA E HISPANOAMERICANA POETA FERROLANA

Editorial:
JOSE ANTONIO PONTE FAR
Año de edición:
ISBN:
978-92-0-285892-3
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

14,00 €



O segundo volume da obra Os poemas que non podes deixar de coñecer 2 acaba de ver a luz nunha edición que reúne 100 poemas das literaturas castelá, galega e hispanoamericana, destinada tanto a estudantes como a persoas interesadas neste xénero literario.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou que “as páxinas deste libro nacen con vocación didáctica; as bibliotecas dos centros educativos ou dos concellos son o seu destino primixenio”, porén, e segundo explicou, “a obra ten cabida nos andeis de calquera biblioteca que se prece”. A selección non se limita aos poemas máis clásicos, destacou, “senón que arrisca e aposta tamén por autores e autoras actuais”, de indubidable calidade literaria.

“Desde a Secretaria Xeral de Cultura estamos encantados de darlle a benvida a esta obra e de contribuír á súa difusión, como xa fixemos co primeiro volume”, asegurou Anxo Lorenzo durante o acto de presentación, que contou cun recital poético-musical no que tamén participaron Mª Eva Ocampo Vigo,
autora e coordinadora do libro; Pedro (Perico) Castro Couto, ilustrador da obra e Germán Carro Fernández, director do centro asociado UNED A Coruña, xunto con Xosé A. Ponte Far, prologuista e coordinador da obra.
Destacada presenza de poetas galegas

As poetas galegas, desde Rosalía de Castro ata Luz Pozo Garza, pasando pola recentemente desaparecida Xohana Torres, sen esquecer voces máis novas, como Diana Varela, teñen un espazo destacado dentro da escolma de literatura galega recollida neste segundo volume.

A publicación do primeiro libro homónimo tivo unha grande acollida nas bibliotecas dos centros de ensino de secundaria, así como nas bibliotecas públicas dos concellos. É por iso que os seus promotores decidiron apostar por un segundo volume, no que a selección se fixo tendo en conta tanto a calidade lírica das obras, como o feito de que a maioría dos poemas fosen coñecidos polas súas versións musicadas.


Os poemas que non podes deixar de coñecer 2’ reúne 100 textos das literaturas galega, castelá e hispanoamericana


Poesía, música e pintura van da man no segundo volume desta antoloxía da autoría de Mª Eva Ocampo, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura