Sinopsis
Ambientada nunha illa grega, esta entretida historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradable alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras. Os veciños, e especialmente o alcalde, dependen dos seus burros para o transporte. Se os burros desaparecen, paralizarase toda a aldea...
Autor: Durrell, Gerald
(1925-1995). Conta a lenda que a primeira palabra que pronunciou foi “zoo”. O seu pai, un enxeñeiro civil británico destinado á India, morreu en 1928, polo que a familia se viu na obriga de volver a Inglaterra. Entre 1935 e 1939 trasladáronse á illa de Corfú, experiencia que lle serviría para desenvolver a súa afección pola fauna e de base para a "Triloxía de Corfú" ("A miña familia e outros animais", "Bechos e demais parentes" e "O xardín dos deuses").