OS TRES NOMES DA SARTEGUA

OS TRES NOMES DA SARTEGUA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-1110-860-7
Páginas:
232
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

19,95 €
Comprar

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua».
Entre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito.
En «Os tres nomes da Sartegua» Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.

Otros libros del autor

  • O QUE ME QUEDABA POR DICIRCHE
    Titulo del libro
    O QUE ME QUEDABA POR DICIRCHE
    MANCEBO, ALBERTO
    A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mu...
    RECÍBELO EN 48H

    18,50 €