OUTONO AQUI

OUTONO AQUI. PREMIO LUEIRO REY 2011 AUTOR FERROLANO

Editorial:
SOTELO BLANCO
Año de edición:
ISBN:
978-84-7824-616-8
Páginas:
184
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
MEDUSA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta 2011Cando a literatura se reviste coa pel da música, xorde Outono aquí, novela que, dende un íntimo diálogo entre sociedade, identidade e individuo, asume a escrita da modernidade, por esa fuxida de todo intento de solideza, como se todo, voces e silencios, acabasen por se esluír no ar da desmemoria do que fomos, seres nados en aldeas feridas pola coitelada sangrante de autovías mal trazadas, que obrigan aos seus habitantes a asumiren todas as formas inimaxinables de deshumanización nos barrios obreiros das cidades emerxentes. Son vidas de desacougo, angustia, soidade, rancor e contas pendentes. Outono aquí é, sen dúbida, un achegamento a eses seres forxados en espazos de miseria moral e física e á súa decadencia, á ignonimia de actos cometidos no nome da honra familiar vilipendiada, aos fillos e fillas deses seres e ás súas feridas. É o caso de Xoán e Guillerme, os protagonistas, que loitan por reconstruír a súa identidade a partir de falsos certificados de nacemento, historiais médicos de prognóstico incerto, segredos nunca antes confesados, fotografías veladas e tantas lembranzas esquecidas que, ao verbalizalas, conteñen unha soidade, ateigada, no entanto, de físgoas de felicidade. Guillerme vese obrigado a viaxar a Gante, unha anónima cidade europea, un lugar con prazas, estatuas, castelos turísticos e barrios obreiros, tan igual e tan diferente coma calquera outro, para recuperar unha herdanza que lle pertence de seu e escoitar tamén as palabras de perdón de Xoán, o seu exitoso irmán músico, mais nesa viaxe non só atopará a verdade dos feitos, senón tamén unha man cálida e amable que o axuda a saír da espiral da vertixe e, sobre todo, a cicatrizar tantas feridas abertas.

Otros libros del autor

  • LAS HOJAS MUERTAS
    Titulo del libro
    LAS HOJAS MUERTAS
    MARIO REGUEIRA
    Las hojas muertasTraducción de Iolanda MatoGuillerme, obrero en una ciudad gallega, viaja a la ciudad belga de Gante...
    Disponible en 5 días

    17,00 €

  • MARCO LIVORNO
    Titulo del libro
    MARCO LIVORNO
    MARIO REGUEIRA
    Este é o libro gañador da XIII edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Trátase dunha achega sorprendent...
    RECÍBELO EN 72H

    10,00 €