PETROGLIFOS INEDITOS DAS COMARCAS DE OURENSE E DE ALLARIZ-MACEDA

PETROGLIFOS INEDITOS DAS COMARCAS DE OURENSE E DE ALLARIZ-MACEDA. ARTE RUPESTRE ORENSE PREHISTORIA GALICIA

Editorial:
SAGA
Año de edición:
Materia
Hª DE GALICIA
ISBN:
978-92-0-080956-9
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

12,00 €


Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e de Allaríz-Maceda de José Antonio Gavilanes



capa-monografias-2-petroglifos-gavilanes Este pasado verán saíu do prelo esta interesante e, ao noso entender, máis que necesaria monografía publicada pola Sociedade Antropolóxica Galega.

Nesta obra o autor, José Antonio Gavilanes, retoma en parte o traballo iniciado por Israel Barandela Rivero e José Manuel Lorenzo Rodríguez prestándolle atención ás manifestacións de arte rupestre da provincia de Ourense.

Tradicionalmente os estudosos e especialistas neste tipo de manifestacións entendían que os petróglifos prehistóricos se concentraban no noso país fundamentalmente no entorno das Rías Baixas e os vales interiores próximos a elas. Pola contra, desde os anos 80 do pasado século veñen acumulándose paseniñamente evidencias da existencia dunha cantidade considerable de laxes insculturadas nas provincias de Lugo e Ourense así como en lugares do interior da provincia da Coruña, como acontece no caso particular da nosa comarca onde, a día de hoxe, son xa coñecidas case un cento de localizacións.

Ao mesmo tempo a variedade dos motivos presentes nas novas achegas é outro dos aspectos que máis teñen chamado a atención dos especialistas en arte rupestre, con zonas con estilos cunha evidente personalidade propia como o da Terra de Trasancos, a comarca do Deza, Agolada ou Sober, o que está obrigando a revisar as premisas ata o de agora aceptadas maioritariamente entre a comunidade científica.

No caso da provincia de Ourense, despois dos traballos de Barandela e Lorenzo publicados a principios da primeira década de este milenio chegaron nestes últimos anos os aportes de Bruno Rúa e o Proxecto Álto Támega. A estes traballos únese agora o resultado do traballo de José Antonio Gavilanes agora publicado.

Presenta o autor un sinxelo compendio, a modo de “memoria de urxencia”, das novas localizacións descubertas persoalmente en dúas comarcas do centro xeográfico da provincia, a de Ourense e a de Allaríz – Maceda, acompañando a unha pequena descrición dos motivos fotografías en branco e negro dos xacementos.

Se temos que facer algunha crítica a este encomiable esforzo podemos decir que botamos en falla unha pequena introdución do autor, unha maior concreción nas descricións dos motivos que permitise unha mellor análise tipolóxica, e algunha que outra aclaración que non desmerecen en modo algún o resultado final.

Dos datos incluídos neste traballo, con un total de 92 localizacións, podemos extraer a modo de conclusión unha predominancia do motivo máis sinxelo, a coviña, presente na case totalidade das laxes descritas, e, pola contra, a moi escasa presenza de outros tipos de motivos, con só tres ou catro exemplos nos que se conservan combinacións de círculos concéntricos, e algunha outra con sucos indeterminados/non indentificables.

Agradecemos este aporte que estamos convencidos servirá como sólida base para o desenvolvemento de estudos que complementen o coñecemento sobre os petróglifos da provincia de Ourense, e desde aquí queremos animar ó autor e os editores a que continúe o camiño iniciado con esta obra e que máis cedo que tarde achegue novos aportes útiles para o estudo da nosa arte rupestre.