PLANO DE ACOLLIDA

PLANO DE ACOLLIDA. MATERIAIS PRÁCTICOS DE COEDUCACIÓN EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-96526-25-9
Páginas:
64
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

6,60 €

Materiais prácticos de coeducación en Educación primaria



O Plano de Acollida é o conxunto organizado de accións encamiñadas a conseguir a escolarización e integración do alumnado inmigrante que acode por primeira vez a un centro educativo e, como toda actuación escolar, debe recollerse nun documento, que por extensión chamaremos Plano de Acollida. Nel inclúense actuacións referidas tanto ás alumnas e alumnos, como ás nais e pais, titoras e titores, e a comunidade educativa en xeral.



Todo o que se propón neste libro, deberá quedar debidamente reflectido nos documentos correspondentes do centro. Por iso, xa actualmente, o proxecto das autoras está incluído na Programación Xeral Anual, no Plano de Orientación, no Proxecto Educativo de Centros (PEC) e Proxecto Curricular de Centros (PCC), polo que todos os documentos e traballos elaborados foron divulgados e compartidos co resto do claustro a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica.



Este libro non pretende ser un tratado didáctico sobre a acollida de alumnado estranxeiro nos centros galegos, só achega a experiencia concreta dun grupo de traballadoras do ensino, que se viron ante o reto e necesidade de facer un traballo para o que non foran preparadas.



Neste libro preséntase o Plano de Acollida dun centro, que expoñen en diversos apartados, para facilitar a comprensión.