PRIVILEXIOS AMBIENTAIS

PRIVILEXIOS AMBIENTAIS

Editorial:
ECOLOGISTAS EN ACCION
Año de edición:
Materia
TIERRA Y MEDIOAMBIENTE
ISBN:
978-84-123411-0-2
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

10,00 €

A obra é un convite á reflexión no ecoloxismo, nun momento en que os medios de comunicación espallan a idea de que todos e todas somos responsábeis por igual do desastre climático. Aborda unha breve xenealoxía histórica, onde a dimensión de clase e o conflito centro-periferia desprégase sobre un marco ecolóxico que lles afecta e á vez é afectado polas primeiras.

Pretende ser unha humilde achega cara á síntese entre estes tres eixos de debate. É unha resposta ás correntes desclasadas do ecoloxismo, pero tamén unha denuncia do marxismo vulgar e economicista.

Ao longo das súas páxinas afóndase en como un reparto desigual dos recursos foi dando lugar a un modelo económico fortemente asimétrico e que hoxe, en plena reestruturación «verde» produce novas desigualdades e nos obriga a asumir as consecuencias económicas da súa crise ecolóxica.