QUE DEMO DE MONICREQUE !!

QUE DEMO DE MONICREQUE !!

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
ILUSTRADOS APRENDIZAJE
ISBN:
978-84-9151-835-8
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ÁLBUMES
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

15,90 €
Comprar

Este é un libro moi diferente a calquera outro que antes leses.
Non se parece en nada a nada, xa verás!
É un libro que fala da maxia de crear.
Son unhas páxinas que explican como, cando todo semella negro…, pode
saír a luz.
Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas argallaron este relato, distinto, que
hoxe tes nas mans.
Prepárate para unha viaxe alucinante de palabras e de cor.

... e déixate sorprender…! ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO (Vigo, 1952) é profesor, escritor e crítico de literatura
infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos,
entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier
Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de
Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas, e en
2018 publicou Poemar o mar. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos
que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de
Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa
actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños. Foi Premio Nacional
de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017. En Editorial Galaxia publicou, entre
outros, As catro estacións (1991), Petando nas portas de Dylan (2007), Raiolas
de sol (2016), Bicos e non balas (2019) e Canta, miña rula, canta (2021). XOSÉ COBAS (Logrosa, Negreira, 1953) é pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Comezou a principios dos
anos oitenta colaborando en revistas e na prensa diaria para logo iniciarse na ilustración de literatura
infantil e xuvenil. Desde entón ten máis de douscentos libros ilustrados de diversos xéneros. A súa obra
foi exposta en galerías e centros de arte de España, Europa e Latinoamérica. Ao longo da súa traxectoria como
ilustrador recibiu premios, como dous White Ravens da Biblioteca Internacional de Múnic, o Gourmand World
Cookbook Awards de Estocolmo (2004) ao mellor libro de literatura gastronómica en castelán, o FETEN, ao
mellor libro de teatro ilustrado (2002), o Díaz Pardo (2008), o Neira Vilas (2014) e o Premio da Gala do Libro
ao mellor libro ilustrado (2016), entre outros.

Otros libros del autor

  • LOS ECOS DEL VIENTO
    Titulo del libro
    LOS ECOS DEL VIENTO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Doce poemas de Antonio García Teijeiro para doce mujeres creadoras con ilustraciones de Noemí Villamuza.Juana de Ib...
    En stock

    16,00 €

  • NO XARDÍN DO POETA
    Titulo del libro
    NO XARDÍN DO POETA
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    As páxinas deste libro son a porta de entrada a un xardín de versos onde o autor, Antonio García Teijeiro, dialoga c...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €

  • DIJO EL RATÓN A LA LUNA...
    Titulo del libro
    DIJO EL RATÓN A LA LUNA...
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    La poesía de Antonio García Teijeiro brota con una enorme fuerza natural, llena de vida, de luz y de musicalidad. ...
    Descatalogado

    13,95 €

  • BICOS E NON BALAS
    Titulo del libro
    BICOS E NON BALAS
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz...
    Agotado

    19,40 €

  • VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO
    Titulo del libro
    VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas da...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €