QUEN MATOU O CANTINO?

QUEN MATOU O CANTINO?. O 36 NO CONCELLO DE NOIA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-501-3
Páginas:
160
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
CRONICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,50 €

Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende achegarse aos motivos reais que levaron ao asasinato deste mozo.
En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración.
Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.

Otros libros del autor

  • VIAXE Á ÚLTIMA REVOLUCIÓN
    Titulo del libro
    VIAXE Á ÚLTIMA REVOLUCIÓN
    AGRAFOXO, XERARDO
    A viaxe que conta este libro comeza o 3 de novembro do ano 2014 en Lavacolla e remata trinta e un días despois no ae...
    RECÍBELO EN 72H

    23,90 €

  • UNHA VIAXE NO FORD T
    Titulo del libro
    UNHA VIAXE NO FORD T
    AGRAFOXO, XERARDO
    Unha viaxe no Ford T ten unha prosa de ritmo áxil e accións desencadeadas coa que logra manter o interese do lector ...
    Disponible en 5 días

    16,00 €

  • BIOGRAFÍA DE MARÍA MARIÑO
    Titulo del libro
    BIOGRAFÍA DE MARÍA MARIÑO
    AGRAFOXO, XERARDO
    María Mariño (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) chega no ano 1947 a Parada do Courel, onde coñece ao poeta Uxío Nov...
    Disponible en 5 días

    9,10 €

  • (G).TERRAS VERMELLAS DO BRASIL, NAS.(NUME)
    Titulo del libro
    (G).TERRAS VERMELLAS DO BRASIL, NAS.(NUME)
    AGRAFOXO, XERARDO
    RECÍBELO EN 72H

    19,00 €