QUEN PODE VENCER O VENTO?

QUEN PODE VENCER O VENTO?

Editorial:
OQO
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9871-506-4
Páginas:
48
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Agotado

14,90 €

Hai moito tempo,
os seres humanos vivían en poboados e cultivaban a terra.
Os animais salvaxes tamén participaban nos traballos do campo:
o león, a hiena, o elefante, a lebre,
a gacela, o mono, a tartaruga,
mesmo a curuxa, que era a máis vella de todos.
Un ano houbo una seca enorme.
A calor e o po invadían todo.
No ceo non había nubes e a colleita estaba a piques de estragarse.

Co fin de evitar a desgraza que se aveciñaba nos seus campos, os habitantes do lugar invocaban o vento para que trouxese a choiva, pero o vento non respondía. Unha noite, a curuxa convocou a todos os animais e decidiron ir na súa busca. O primeiro en ir foi o león, pero non o conseguiu. Tampouco a hiena nin a lebre. Desmoralizados, non sabían a quen enviar. A tartaruga, o animal máis lento da chaira, ofreceuse e finalmente conseguiu, con paciencia e teimosía, traer ao vento que, á súa vez, trouxo a choiva. Así, ese ano tiveron unha boa colleita.

Charo Pita, na súa última colaboración con OQO editora logo de A rúa da Tixola, constrúe un relato que nos fai lembrar os contos tradicionais onde os personaxes, sexan animais ou persoas, a través das experiencias narradas, transmiten diversas ensinanzas. Co personaxe da tartaruga, vemos que a humildade, a vontade e a constancia son máis eficaces que a forza e a velocidade.

A autora resalta tamén a importancia do recoñecemento. En agradecemento á tartaruga, as mulleres do poboado fabricaron cántaros coa forma da súa cuncha, que serven para facer música. Nas festas, deixan o vento pasar neles para contar de novo a fazaña da tartaruga.

A ilustradora canadense Marion Arbona, entusiasmada polo feito de poder debuxar animais como protagonistas, ofrécenos unha proposta plástica a base de gouache, lapis e uns toques de tinta chinesa, na que a cor cobra grande importancia. Así, os vermellos vivos (sobre todo o vermello cadmio que aporta moita luminosidade) contrastan cos verdes para plasmar a seca e a vexetación, respectivamente.
Debuxar o vento foi todo un reto para Arbona, que admite gozar coa procura do personaxe para compoñer unha criatura que non é humana nin animal: “Agora, cando o miro, decátome de que estiven bastante influenciada polas criaturas de Miyazaki”.

Quen pode vencer o vento? é un relato que atesoura os coñecementos ancestrais e convídanos revivir valores, se non esquecidos, talvez deixados de lado na actualidade.


Texto de Charo Pita
Ilustracións de Marion Arbona

3 a 7 anos

Otros libros del autor

  • RETRATOS EN BRANCO E NEGRO
    Titulo del libro
    RETRATOS EN BRANCO E NEGRO
    PITA, CHARO
    Retratos fantasmais onde o extraordinario e o cotián, a fotografía e a palabra, o branco e o negro van da man para c...
    RECÍBELO EN 72H

    13,80 €

  • ANDAR AOS BIOSBARDOS
    Titulo del libro
    ANDAR AOS BIOSBARDOS
    PITA, CHARO
    Se saísedes cazar biosbardos, que cazariades?De seguro que algunha boa historia. Como as que atoparás aquí, e que Le...
    RECÍBELO EN 72H

    9,60 €

  • NO PAIS DO VENTO + CD
    Titulo del libro
    NO PAIS DO VENTO + CD
    PITA, CHARO
    Nada queda quieto:os pés bailan, as saias xiran e moitas melodías e alguhas pequenas historias van buscando orellas ...
    RECÍBELO EN 72H

    20,00 €

  • O ARCO DA VELLA
    Titulo del libro
    O ARCO DA VELLA
    PITA, CHARO
    A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando soubo que o seu amor marchaba, comezou a tecer para el un abrigo con set...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • E-PUB: ANDAR AOS BIOSBARDOS
    Titulo del libro
    E-PUB: ANDAR AOS BIOSBARDOS
    PITA, CHARO
    Agotado

    4,31 €